Taboleiro de Anuncios


Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns


-

NIF:G36691855
Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo)
Tfno-Fax:986 468039
Email: zamans@zamans.org


 

                                                                                  

 

 

                                                                                                               Zamáns, 12 - xuño -2010

Estimados socios/as:

Como tódolos anos achegámosvos a programación cultural e iniciativas interesantes para os vindeiros meses.

-Teatro.

O sábado, 19 de xuño ás 20h no auditorio do centro cultural para público adulto. A obra titúlase “Ñaque ou de piollos e actores” a cargo da compañía Alicia Teatro.

A actuación está dentro do programa “Vigo a Escena” do Concello de Vigo.

-San Xoán.

O día 23 de Xuño a partir das 21:30h, sardiñada coa actuación do grupo de baile da Asociación e ás 00:00h a tradicional fogueira de San Xoán.

-Campionato de chave para socios.

O sábado 26 de xuño a partir das 15h. Prazo para anotarse ata o 22 de xuño.

-Concerto de Guitarra “Sobe ó Escenario”.

Sábado 26 de xuño ás 20h. Actuarán os alumnos do curso de guitarra da Asociación de Zamáns e grupos invitados, contaremos tamén coa actuación dunha cantautora.

-Fútbol feminino con monitor.

Comezo no mes de xullo, un día á semana, 2h, prezo 15€. Apúntate no Centro Cultural.

-Curso de baile moderno para rapaces e rapazas.

Comezo no mes de xullo, un día á semana 1,5h , prezo 15€. Divírtete bailando con música actual e aprendendo coreografías. Apúntate no Centro Cultural.

-Clases de apoio no verán.

Impartiranse clases de verán de Infantil, Primaria e da Eso nas instalacións do Centro Cultural dous días á semana. Os interesados apuntádevos chamando ó Tl:986468039, prazas limitadas.Comezo no mes de xullo.

Os prezos son os seguintes:

Infantil, Primaria , 1º e 2º da Eso, 52€/mes, 3º e 4º da Eso, prezo en función do nº de materias.

____________________________________________________________________________________

-Recibos socios

Ademáis da programación queremos recordarvos que aínda quedan pendentes de pago algúns recibos, debendo abonar 30€ os recibos familiares e 20€ os unifamiliares, o pago pódese efectuar no Centro ou en calquera oficina de Caixanova na conta 2080-0082-4-1-0040004240.

 

Aproveitamos para poñernos como sempre a vosa disposición e agradecervos a colaboración.

Recibide un cordial saúdo.